O Festival Vigofolc traerá a Milladoiro doce anos despois do seu derradeiro concerto en Castrelos
A segunda edición deste evento se completará coas actuacións de Mafalda Arnauth, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junkera, Emir Kusturica e Crema de Gaita
Trala súa creación o pasado ano, o Festival Vigofolc consolida a súa presenza nas festas de Vigo nesta segunda edición cun cartel de luxo: Milladoiro, Mafalda Arnauth, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junkera, Crema de Gaita e Emir Kusturica. A programación foi presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesus López, o Director da Obra Social Caixanova, Guillermo Brea, o grupo Milladorio e o responsable da promotora Articket, Bibiano Morón.
O responsable de Cultura no Concello de Vigo salientou o crecemento e a calidade dos nomes que se achegarán este ano a Castrelos dentro do festival, que naceu "para ocupar un espazo abandonado durante anos". Neste senso, Xesús López dixo que con este evento preténdese "recuperar as nosas raíces e a nosa identidade" e "abrir as portas a outras propostas culturais", como xa aconteceu nos días pasados cos concertos da Rede Europea de Orquestras de Folk integrados neste festival, e nos que o público puido ver e escoitar os sons chegados de diferentes puntos de Europa e mesmo de África. Así, o vindeiro día 11 de agosto chegarán ao Auditorio de Castrelos Milladoiro e Mafalda Arnauth, que substituirá a actuación de Paul Winter debido aos problemas na xira deste artista. Na xornada do día seguinte o mesmo escenario acollerá os sons de Kepa Junquera e Xosé Manuel Budiño. E o vindeiro día 17 de agosto o grupo Crema de Gaita será o encargado de quentar motores para recibir a Emir Kusturica & The No Smoking Orchestra. Todos os concertos se celebrarán ás 22.30 horas e o prezo das entradas será de 6 euros anticipada e 8 en taquilla.
O director da Obra Social Caixanova, Guillermo Brea, dixo sentirse "orgulloso e satisfeito" por colaborar "coas mellores festas que coñezo de Vigo" e salientou o apoio que a entidade sempre fixo no que ao folk galego e internacional se refire. Pola súa banda, Moncho García, integrante do grupo Milladoiro, agradeceu ao concelleiro de Cultura a oportunidade de volver a pisar o escenario de Castrelos: "Ë unha honra volver a este emblemático recinto no que había máis de doce anos que non tocabamos e no que pensabamos, non actuariamos máis", afirmou. Moncho García salientou tamén a a actuación de Mafalda Arnauth xa que para nós "será un complemento fundamenta nunha noite na que agardamos que suceda algo máxico".
Finalmente Bibiano Morón falou máis polo miúdo do apartado técnico, do que salientou o esforzo que se vai realizar para "achegar os matices e acordes da música tradicional a través das novas tecnoloxías", cunha proposta escénica máis coidada.
Descargar todas as imaxes