Santi Domínguez cualifica de "altamente positivos" os primeiros días das Festas de Verán de Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, cualificou esta mañá de "altamente positivos" o transcurso das primeiras xornadas das Festas de Verán de Vigo e anunciou un aumento da actividade para os vindeiros días, enmarcadas na Semana Grande. Santi Domínguez realizou estas declaración na inauguración da Mostra de Artesanía e Gastronomía, que terá lugar ata o vindeiro 16 de agosto no Casco Vello e na Praza de Compostela.
"Estamos encantados coa resposta do público ás diversas actividades da programación", explicou o tenente de alcalde, quen sinalou que na última hora de onte o equipo da Concellería de Cultura mantivo unha reunión para facer un primeiro balance do transcurso das festas. "Estanse enchendo os diversos espazos onde se celebran as distintas propostas do programa", salientou. Neste sentido resaltou que a iniciativa do CastroCativo, dirixido aos máis pequenos, está superando todas as previsións iniciais, xa que conta cunha "excepcional acollida de público". Igualmente, sinalou que as propostas que se están a desenvolver no Casco Vello están obtendo "moi boa resposta".
Segundo o tenente de alcalde, esta boa acollida por parte da cidadanía das diferentes actividades programadas quere dicir que "é un acerto" a concentración das propostas nunha Semana Grande. "Vigo merecía estas festas, e que os vigueses e viguesas poidamos disfrutar nuns días tan especiais", subliñou.
En canto á Mostra de Artesanía e Gastronomía, Santi Domínguez, indicou que ata o día 16 de agosto, no Casco Vello e na praza de Compostela será posible encontrar "produtos gastronómicos típicos da nosa terra", así como elementos da artesanía galega.