Escoitar

O artista vigués Crego regala unha pintura á Xerencia de Urbanismo

O artista vigués afincado en Barcelona, Crego, fixo este mércores entrega á Xerencia de Urbanismo dun cadro de grandes dimensións xa ubicado na sala de xuntas. O tamén artista vigués Mingos Teixeira participou da entrega, e o alcalde, o concelleiro e a xerente de Urbanismo recibiron o cadro.

mércores, 4 xuñ 2008
1212584970gerencia2.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Urbanismo, José Mariño, e a Xerente de Urbanismo, Julia Chamosa, recolleron este mércores unha obra do artista vigués Crego, afincado en Barcelona, cadro entregado de balde polo propio pintor.

Na entrega participaron, ademais dos membros da Corporación, a familia do artista e o coñecido pintor vigués Mingos Teixeira.
Descargar todas as imaxes