Escoitar

Exposición fotográfica sobre os refuxiados de Palestina

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este martes o traballo que está a desenvolver a Axencia da ONU para os refuxiados de Palestina (UNRWA) durante a inauguración no Verbum dunha mostra que recolle a situación desta poboación e as tarefas que a entidade dependente das Nacións Unidas leva a cabo nos campamentos.

mércores, 4 xuñ 2008
1212585999palestina.jpg
"Sen o traballo que desenvolve a UNRWA, a situación dos máis de 90.000 refuxiados palestinos que saíron dos seus fogares como consecuencia da guerra árabe israelí de 1948 teríase agravado enormente", subliñou María Méndez, quen explicou que esta entidade proporciona servizos de educación, sanidade, apoio económico e axuda de emerxencia a case 4,5 millóns de refuxiados de Palestina.

A exposición, integrada por coarenta fotografías que explican a realidade cotiá dos refuxidos nos diferentes campos, trata de sensibilizar á poboación sobre a situación destas persoas.
Descargar todas as imaxes