Escoitar

Xa están a venda as entradas para o concerto de Estopa e nos vindeiros días sairán á venda as de Pereza<br />

As entradas para o concerto que ofrecerá Estopa en Vigo o 28 de xuño ás 22 horas xa están a venda, mentres que nos vindeiros días tamén sairán a venda as entradas para o concerto de Pereza, que actuará en Vigo o 4 de xullo, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Cultura, o nacionalista Xesus López. En ámbolos dous casos os concertos terán lugar no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi), e as entradas póñense á venda a través de Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es,<br />

mércores, 4 xuñ 2008
1212585544estopa.jpg
Estopa
Para o concerto de Estopa poranse á venda un total de 6.000 entradas, a un prezo de 26,50 euros na venda anticipada, e de 29 euros na taquilla. Pola súa banda, os prezos para a actuación de Pereza serán de 19 euros na venda anticipada e de 22 euros na taquilla e o número total de entradas é de 4.000.
1212585544estopa.jpg
1212585576pereza1.jpg