xoves, 15 xan 2026
O luns 23 de marzo máis de 2.000 nenas e nenos de colexios públicos e concertados de Vigo participarán na décima edición do desfile da “Reconquistiña” que conflúe na Porta do Sol, segundo anunciou este xoves Abel Caballero. Apuntou que en 2025 o alumnado de 37 centros protagonizou a cita infantil da Festa da Reconquista de Vigo.
xoves, 15 xan 2026
O alcalde convida á cidade a gozar deste evento musical que conta coa colaboración do Goberno local e que ofrecerá “un programa magnífico” da man da Coral de Valadares e o Grupo de Cámara Unión Musical de Valadares.
xoves, 15 xan 2026
Abel Caballero e o novo presidente da Asociación Clúster do Granito, José Antonio Lemos, mantiveron unha xuntanza este xoves na que abordaron a situación do sector. A directiva expuxo os retos que ten por diante os próximos anos e abordaron asuntos de interese común relacionados coa súa actividade.