mércores, 14 xan 2026
A primeira comisión de axudas de emerxencia de 2026 resolveu favorablemente a concesión de 41 apoios por valor de 11.283 euros.
mércores, 14 xan 2026
Xa está aberto o período de inscrición para participar na Liga municipal de Natación Escolar que arrancará próximo 25 de xaneiro. A organización prevé a participación de 600 nenos e nenas.
mércores, 14 xan 2026
O alcalde felicitou e desexou unha boa traxectoria a Mercedes Bangueses, nova presidenta do Instituto de Estudos Vigueses. A nova directiva acudiu á xuntanza para expoñer ao rexedor os obxectivos da institución para os próximos catro anos e agradecer a colaboración do Concello para desenvolver os seus proxectos. Mercedes Bangueses é doutora en Historia da Arte pola Universidade de Vigo. É a primeira muller en presidir o Instituto de Estudos Vigueses.
mércores, 14 xan 2026
Vigo aboou aos empregados públicos municipais na nómina de decembro a suba salarial do 2,5% con carácter retroactivo desde o mes de xaneiro de 2025. O alcalde informou de que a contía ascende a 1.068.000 euros: “Tan pronto o Goberno de España aprobou o Decreto-lei o Concello pagou a todas e todos os empregados”. O persoal municipal percibirá na nómina de xaneiro a suba correspondente ao ano 2026, un 1,5% máis. Abel Caballero explicou que estas subas son iguais para todas as administracións públicas e son decisión do Goberno do Estado.