O alcalde recibe á nova directiva da Asociación Clúster do Granito
Abel Caballero e o novo presidente da Asociación Clúster do Granito, José Antonio Lemos, mantiveron unha xuntanza este xoves na que abordaron a situación do sector. A directiva expuxo os retos que ten por diante os próximos anos e abordaron asuntos de interese común relacionados coa súa actividade.