O Concello inicia o proxecto dos primeiros tramos das ramplas mecánicas que unirán Praza de España e Praza de América
Caballero anunciou o inicio do proxecto de ramplas de mecánicas que unirá Praza de España e Praza de América. Tal e como explicou, o Concello xa conta cos permisos pertinentes para acometer os dous primeiros tramos das obras, os comprendidos entre a rúas Gerona e Tarragona e entre Tarragona e Islas Baleares.
Caballero anunciou esta mañá o inicio inmediato do proxecto das ramplas mecánicas entre Praza de América e Praza de España. A Xunta de Goberno aprobará a semana que vén a fase que unirá as rúas Gerona y Tarragona que conta cun orzamento de 8 millóns financiados con Fondos FEDER.
O goberno local continuará co tramo de ramplas mecánicas entre as rúas Tarragona e Islas Baleares, dado que xa conta con autorización da Xunta de Galicia. Neste punto, engadiu que o Concello xa está en disposición de arrancar con estes dous tramos dunha obra “histórica” porque vaise iniciar unha modificación de crédito. O custo destas dúas fases elévase a 16 millóns.
A continuación, proseguiu, aprobaranse os proxectos dado que xa teñen autorizacións, iniciarse a licitación, contratación e obra polo que este ao estarán en obra dos dous primeiros tramos. Cualificou a iniciativa como unha “gran” noticia, un “gran” corredor entre Plaza América e Plaza España que se elevará a 26 millóns incluíndo actuacións na contorna da Gran Vía e da Salgueira. “Estamos diante da gran revolución da mobilidade cun corredor que conectará simbolicamente Coia con Príncipe”, concluíu.
Caballero afeou á Xunta que tardara 5 meses en outorgar unha autorización que o Concello emitiu en 2 días no tramo comprendido entre Gerona e Tarragona.