Escoitar

A décima "Reconquistiña" reunirá o 23 de marzo a máis de 2.000 escolares

O luns 23 de marzo máis de 2.000 nenas e nenos de colexios públicos e concertados de Vigo participarán na décima edición do desfile da “Reconquistiña” que conflúe na Porta do Sol, segundo anunciou este xoves Abel Caballero. Apuntou que en 2025 o alumnado de 37 centros protagonizou a cita infantil da Festa da Reconquista de Vigo.

xoves, 15 xan 2026

O alcalde destacou a importancia dun dos actos “máis reseñables” da Festa da Reconquista, que arrincará o 21 de marzo co cese da corporación afrancesada e contará cos días 27,28 e 29 de marzo como eixos centrais da celebración. “É moi importante porque participan máis de 2.000 nenas e nenos de cuarto de primaria”, recalcou o rexedor.

O Concello facilitará o vestiario aos nenos que participan no desfile que conflúe na Porta de Sol ataviados como as tropas francesas, segundo lembrou o rexedor ao indicar que o resto participarán con vestimentas de épocas realizadas na casa e con tambores de elaboración propia. Ademais, cada colexio encabezará a súa presenza cun estandarte co nome do centro.

Entre as actividades organizadas ao redor da “Reconquistiña” atópase un taller de instrumentos na música tradicional onde o estudantado aprenderá os toques básicos da muiñeira e a xota e as cancións que se interpretarán no desfile que conflúe na Porta do Sol.

Caballero lembrou que o Concello facilita o traslado dos escolares con autobuses e que os centros que queiran participar na festa poderán inscribirse ata o venres 30 de xaneiro.
 

Descargar todas as imaxes