luns, 10 out 2022
O alcalde defendeu a medida extraordinaria pola inflación que están a sufrir as familias e subliñou a importancia da gratuidade na educación obrigatoria, tamén nos libros de texto. O Grupo Socialista e Popular votaron a favor da modificación orzamentaria, Marea de Vigo e BNG en contra.
luns, 10 out 2022
A cidade conta con 299.789 habitantes, sumando 2.179 habitantes no que vai de ano. O Concello aprobou na última Xunta de Goberno Local subvencións a 40 entidades por valor de 415.798,73€.
luns, 10 out 2022
Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, DOA realizou un acto no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. A este acto sumouse o rexedor para saudar os participantes.
luns, 10 out 2022
A temporada arranca o vindeiro 22 de outubro no Teatro Afundación de Vigo. Para a primeira cita a orquestra propón unha escoita británica co concerto “Elgar”, no que contará co violonchelista Guillermo Pastrana. O público xa pode mercar o abono para toda a temporada a un prezo xeral de 65 euros e reducido de 35 euros para menores de 30 anos. Ao longo da temporada estrearanse 3 prezas únicas gañadoras do último certame CreaClásica, organizado en colaboración coa Fundación SGAE. O alcalde louvou a acción da dirección da Orquesta "cunha calidade e talento extraordinario".