Escoitar

Vigo achégase os 300.000 habitantes no padrón municipal

A cidade conta con 299.789 habitantes, sumando 2.179 habitantes no que vai de ano. O Concello aprobou na última Xunta de Goberno Local subvencións a 40 entidades por valor de 415.798,73€.

luns, 10 out 2022

O alcalde informou na mañá deste luns dos actos actualizados do padrón municipal do mes de setembro, que se sitúan en 299.789 vigueses e viguesas, como sinalou Abel Caballero, que aproveitou para salientar que esta cifra corresponde a “un incremento moi importante”. Explicou que a data do 1 de xaneiro había 297.610 habitantes polo que, no que levamos de ano, o número de habitantes medrou en 2.179.

Subvencións ás asociacións

O alcalde tamén deu conta da aprobación, na Xunta de Goberno do 6 de outubro, das subvencións a 40 entidades da cidade, mostrando o desexo de que “o asociacionismo da cidade continúe o seu proceso de avance”. Realizase a través de 4 programas (Gastos de mantemento, gastos de investimento en equipamento, gastos de investimento en obras e fomento do asociacionismo e participación cidadá) que alcanzan un investimento de 415.798,73 €.

Descargar todas as imaxes