venres, 1 xullo 2022

Caballero clausura o Campus "Aprendendo a xogar" en Coruxo a ritmo de Queen

venres, 1 xul 2022

O alcalde pechou un ano máis o IX Campus "Aprendendo a xogar" que reuniu durante una semana ao redor de 400 chicos e chicas que gozaron cunha gran variedade de deportes. Abel Caballero louvou aos pais e nais pola súa dedicación aos máis pequenos na súa actividade deportiva e dos rapazas e rapaces animounos a seguir co practicando deporte. Un ano máis, o rexedor sumouse ao baile xunto aos participantes e monitores do Campus, este ano a ritmo de "Don't stop me now" del grupo Queen.

O rexedor saúda aos participantes do Campus de Travesas

venres, 1 xul 2022

Abel Caballero fixo a entrega das medallas aos chicos e chicas que participaron no Campus de Travesas que organiza o Concello. O alcalde felicitou aos monitores e animou aos máis cativos a seguir co deporte. O goberno local puxo a dispor dos pais e nais de Vigo cerca de 3.500 prazas en campamentos de verán para favorecer a conciliación familiar.