venres, 27 out 2017
O rexedor explicou que a alerta activada pola seca inclúe "atención, prudencia e aforro" e demanda á Xunta de Galicia a construción dunha acometida para derivar auga dos ríos Verdugo e Oitavén á présa de Eiras.
venres, 27 out 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación do ascensor panorámico que conectará a rúa San Salvador coa Praza Isabel A Católica dentro do programa Vigo Vertical. Ademais, deuse o visto bo ao convenio coa Consellería de Ordenación do Territorio para o financiamento da redacción do PXOM ata un máximo do 50%.
venres, 27 out 2017
O goberno local revisará as autorizacións dos 800 vehículos pesados que a diario circulan por Sanjurjo Badía se a Xunta non inclúe nos orzamentos unha partida para converter en urbano o tramo da AP9 desde Bos Aires. Neste mesmo senso, Caballero fixo súa unha petición de usuarios do Porto de reclamar a exención da peaxe para o transporte de mercadorías.
venres, 27 out 2017
Abel Caballero visitou este venres o IES Valadares e o CEIP Sobreira-Valadares para coñecer as actividades que o alumnado dos dous centros de ensino realizou arredor da experiencia vivida a pasada fin de semana cos lumes que sufriu a cidade. Os estudantes de secundaria escribiron relatos sobre o acontecido ao seu redor e os cativos de educación primaria confeccionaron unha árbore decorada xunto coas familias e recitaron poemas de forma conxunta.
venres, 27 out 2017
O alcalde, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes dos clubs de fútbol Alertanavia, C.D. Coya, EDVM Pereiró, Arenas de Alcabre e San Miguel, algunhas das entidades participantes, presentou hoxe unha nova tempada do Torneo Concello de Vigo de fútbol 7, un evento que cada sábado dende o vindeiro 4 de novembro ata o 2 de xuño xogarase no campo do complexo deportivo municipal de Samil. O campionato está dirixido a nenos de 5 a 13 anos.