O rexedor achégase ao acto do Día do Dano Cerebral organizado por Alento na Praza do Rei
A Praza do Rei encheuse hoxe xoves de obradoiros e actividades organizadas por ALENTO para que escolares e cidadáns compartan experiencias cos usuarios da asociación. Durante a mañá leuse un manifesto para conmemorar o Día do Dano Cerebral.
Case trescentos alumnos de distintos centros educativos da cidade compartiron esta mañá experiencias, talleres e actividades con usuarios da asociación ALENTO. O rexedor achegouse esta mañá á Praza do Rei para saudar aos participantes dunha iniciativa que tiña como obxectivo concienciar á cidadanía no Día do Dano Cerebral.
Descargar todas as imaxes