A unanimidade do Pleno aproba prorrogar o convenio do Consorcio Casco Vello de Vigo
O prazo de vixencia da colaboración entre o Concello e o IGVS esténdese catro anos máis. Co apoio de tódolos grupos municipais saíu adiante o cambio de uso de dúas parcelas do Plan Parcial Quirós para a construción dun pavillón en Sárdoma.
A Corporación Municipal aprobou por unanimidade este mércores o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e o Instituto Galego de Vivenda e Solo co obxecto de prorrogar o prazo de vixencia do Consorcio Casco Vello de Vigo por un período de catro anos que permitirá rematar as actuacións pendentes, segundo defendeu María José Caride.
A edil de Urbanismo fixo balance "positivo" do labor desenvolvido pola entidade dende a súa creación no ano 2005 que, ao seu xuízo, permitiu avanzar moito na rexeneración desa zona da cidade coa compra de 68 inmobles dos que 46 están rehabilitados, téndose creado 108 vivendas das que 93 están rehabilitadas e tamén locais comerciais que contribuíron a dinamizar o Casco Vello vigués. Con todo, apuntou que queda moito por facer para rematar as actuacións no Casco Vello alto e iniciar a recuperación da ribeira do Berbés.
Na súa intervención, o voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez criticou a ausencia do seu grupo no Consorcio e discrepou sobre a fórmula de rehabilitación e venda que funciona, dixo, na vivenda pero non no comercio. Pola súa banda, José Manuel Figueroa, edil do PP, sinalou que o funcionamento do Consorcio foi "razoablemente ben" e manifestou o compromiso do seu grupo e do presidente da Xunta co Casco Vello de Vigo e coa cidade.
A este respecto, María José Caride replicou que o maior compromiso e investimento realizado na entidade foi responsabilidade de Emilio Pérez Touriño mentres a Xunta de Feijóo "non achega nada" e respondeulle a Rubén Pérez que a representación municipal nos diferentes organismos vén determinada polos resultados electorais.
Plan Parcial Quirós
O Pleno Municipal deu luz verde tamén coa unanimidade de todos os grupos ao cambio de uso das parcelas número 28 e 29 do Plan Parcial Quiros para a construción dun novo pavillón polideportivo na parroquia de Sárdoma para uso dotacional dos vigueses, tal e como defendeu David Regades, responsable de Fomento, quen trasladou o déficit de dotacións herdado de anteriores gobernos.
Pola súa banda, o voceiro de Marea de Vigo puxo en dúbida a tramitación deste cambio de uso mediante a Lei de Medidas Urxentes mentres Teresa Egerique, edil do PP, esixiulle ao goberno local celeridade na tramitación do PXOM. Regades replicou que a celeridade correspóndelle á Xunta de Galicia na sinatura do convenio de financiamento do novo PXOM, que segue pendente.