En Marea e PSOE reclaman a derrogación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais
Os grupos de En Marea e do PSOE uniron esta mañá os seus votos para reclamar ao Parlamento Galego a anulación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais. A instancias da formación morada, o texto solicita a planificación, programación de alternativas políticas e económicas sustentables.
A Corporación deu luz verde a unha moción que demanda ao Parlamento de Galicia a derrogación da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, por ser contraria aos principios de sustentabilidade e protección do medio ambiente, da paisaxe, e do patrimonio cultural, por alentar un modelo social desigual e inxusto. Co apoio do PSOE e o voto en contra do PP, aprobouse un texto que insta á Xunta a planificar, programar e executar alternativas políticas e económicas sustentables que garantan a preservación dos bens naturais, paisaxísticos e patrimoniais de Galicia.