O Concello adxudica provisionalmente as obras do ascensor de San Salvador por 714.000 euros
A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación do ascensor panorámico que conectará a rúa San Salvador coa Praza Isabel A Católica dentro do programa Vigo Vertical. Ademais, deuse o visto bo ao convenio coa Consellería de Ordenación do Territorio para o financiamento da redacción do PXOM ata un máximo do 50%.
O novo ascensor do programa Vigo Vertical de desenvolvemento urbanos sostible será panorámico, terá capacidade para 12 persoas e axudará a salvar a pendente entre a rúa San Salvador e a Praza Isabel A Católica cun investimento por parte do Concello de 714.00 euros, dentro do proxecto "Vigo Vertical", estratexia EDUSI, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
Segundo explicou o alcalde, as obras inclúen o traslado do Centro de Transformación situado na zona central das escaleiras a outro lugar, demolendo as actuais e construíndo unhas novas que comuniquen ámbalas rúas, a renovación da rede de rego e o resto de lementos de humanización. Ademais, apuntou que o goberno municipal rexistrará como marca o nome "Vigo Vertical" e realizará un programa de difusión deste proxecto.
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén o convenio de colaboración entre a Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio e o Concello para o financiamento dos traballos de redacción da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, polo que a Xunta de Galicia se compromete a achegar un máximo do 50% do custo total, un extremo que criticou Caballero ao considerar que o goberno autonómico "ocasionou o prexuízo" coa súa acción indebida. Apuntou tamén a tardanza na sinatura do convenio, que queda pendente, xa que o Concello solicitouna o 29 de novembro de 2016.
Ademais, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á prórroga dun ano do contrato do Servizo de Intervención Familiar ao que o Concello destina 510.000 euros para a atención ás familias que o precisa.