venres, 23 abril 2004
Realizarase un estudio medioambiental do conxunto das actuacións propostas

O estudio do litoral pretende conxugar a cidade industrial coa de servicios e contempla unha nova praza pública,carrís bici e novos aparcadoiros

A alcaldesa, Corina Porro, o delegado do Estado na Zona Franca, Pablo Egerique e mailo presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, presentaron hoxe o documento inicial do estudio do litoral encargado ó consorcio, un documento que, segundo a alcaldesa, pretende conxugar a cidade industrial coa cidade de servicios, algo perfectamente compatible dende o punto de vista do Goberno local.

Presentada a candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

venres, 23 abr 2004

O Verbum acolleu, na mañá do venres, o acto de presentación da proposta de candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego_portugués á obra mestra da Unesco, realizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! de ámbito galego-portugués e integrada por centros educativos das dúas marxes do Miño. A Asociación propón aos gobernos español e portugués que presenten diante da UNESCO a candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués como candidatura multinacional avalada polos dous Estados para ser recoñecida como Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial.

Declaración da alcaldesa no "día mundial do libro"

venres, 23 abr 2004

Quero facer unha mención especial ó Día Mundial do Libro, que celebramos cada 23 de abril dende hai 10 anos, unha xornada que asocia a un cento de países e a millóns de persoas na promoción do libro e do dereito de autor. Unha xornada na que deberíamos aproveitar para reflexionar sobre as súas funcións insubstituíbles para a educación, a cultura e as ciencias do mundo.

Retirada de algas en Bouzas

venres, 23 abr 2004

Operarios do servicio de limpeza municipal procederon esta mañá a retirar algas da praia de Bouzas, segundo petición da concelleira de distrito de Coia , Marisol Polo.

Xunta de Goberno Local

venres, 23 abr 2004

A Xunta de Goberno Local reunese o luns, día 26, un cuarto de hora despois de rematar o pleno que se celebra o mesmo día. Entre os asuntos que tratará a Xunta de Goberno figura a autorización de gasto en cumprimento do "Convenio asinado entre o Concello de Vigo e a Real Federación Galega de Atletismo para a reversión da cesión do dereito de superficie de uso das pistas de atletismo e instalacións anexas do polígono de Balaídos".