Escoitar

Benestar Social asina un convenios con Cáritas para a inserción do pobo xitano

O concelleiro de Benestar Social, Ignacio López Chaces, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente de Cáritas de Vigo, Jaime Barracheguren, para a atención do pobo xitano e minoría cigana asentado en Vigo.

venres, 23 abr 2004
1082721152Caritas.jpg
López Chaves e Jaime Barracheguren
O obxecto da colaboración entre as dúas institucións é a intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do pobo xitano e a minoría cigana. A aportación municipal é de 87.674 euros para os diferentes programas que se desenvolven baixo a supervisión técnica de persoal municipal.

O programa co pobo xitano vai dirixido á atención social no aspecto de información e orientación sobre recursos e servicios que poidan utilizar; seguimento e apoio escolar , ocio e tempo libre. Estes aspectos trabállanse con 190 familias que agrupan a un total de 801 persoas das que 350 son menores de idade e delas 317 menores de 16 anos.

A intervención sobre a comunidade cigana a atención socio-familiar constitúe un dos pilares fundamentais deste proxecto realizada dende unha perspectiva socio-educativa . Esta atención vai dirixida a 148 membros das 37 familias ciganas asentadas na cidade.
Descargar todas as imaxes