O Club Financeiro entrégalle ao alcalde o seu estudo de Área Metropolitana de 24 municipios
A directiva do Clube Financeiro de Vigo (CFV) fixo entrega este venres ao alcalde do seu estudo de Área Metropolitana, que inclúe 24 localidades nas que non está Pontevedra. Abel Caballero, que defende unha proposta ampliada a 28 municipios, resaltou que ambos traballos son "exacta e milimétricamente" iguais.
A proposta do CFV é un estudo económico "serio e rigoroso", que a alternativa do Vigo28 do alcalde amplía con variables educativas, sociolóxicas e medioambientais. Un exemplo é Vilaboa, municipio que o Club non inclúe na súa Área Metropolitana ao non contemplar o peche da Ría de Vigo.
Abel Caballero mostrouse "moi satisfeito" coa alternativa do CFV, xa que entende que "se está a avanzar" para acadar o consenso necesario na cidade, que axudará a convencer os grupos parlamentarios da Xunta de Galicia. Para logralo é preciso que o proxecto de Área Metropolitana, "non importa se de 28, 27 ou de 29 municipios", esté acordado por todos os colectivos sociais, económicos, políticos e veciñais.
O alcalde aposta por facer da Área Metropolitana "o proxecto de todos" e restarlle carga política ao debate. "Coa Área Metropolitana non pode haber perdedores", sinalou Abel Caballero, quen pediu "tempo" para que todos os colectivos, en Vigo e en Santiago, se convenzan de que a mellor proposta para a cidade é o Vigo28.
Descargar todas as imaxes