O Concello planta 250 árbores autóctonas dentro da campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore"
A campaña municipal "Axuda a Vivir: Doa sangue e planta unha árbore" rematou este venres coa plantación colectiva de 250 árbores na praia de Carril, na rotonda da estación de autobuses e nos parques forestais de Vixiador e dos Pozos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, foron os encargados de comezar durante a mañá a segunda fase da iniciativa, coa plantación de 60 carballos na praia da parroquia viguesa de Alcabre, acompañados de voluntarios e de 50 estudantes do colexio Eijo Garay.
Na segunda fase ten lugar a plantación colectiva das árbores en nome dos doantes que as cederon ao efecto. Do total de 420 doantes, 170 persoas achegáronse o pasado martes 19 de febreiro á lonxa do Concello para recoller a súa árbore persoalmente e plantala nun terreo da súa elección, mentres que os 250 restantes decidiron que o Concello se encargase das súas árbores.
Das 250 cedidas ao Concello, 60 carballos plántanse na praia de Carril, en Alcabre; o Parque Forestal dos Pozos e a estación de autobuses acollerán cadanseus 25 carballos e 25 bidueiros; e o Parque Forestal do Vixiador, 65 carballos e 25 bidueiros.
Unha acollida excelente
A primeira fase desta campaña, organizada pola Oficina Municipal de Voluntariado conxuntamente co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia (CTG) e Amigos da Terra, tivo lugar na semana do 21 ao 25 de xaneiro en cinco lugares diferentes da cidade, onde as voluntarias e voluntarios informaron aos cidadáns da iniciativa, cun dobre obxectivo: mellorar a información sobre a doazón e provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que por cada doazón contabilizada no transcurso desta campaña plántase unha árbore autóctona na cidade.
A resposta das persoas nesta primeira edición na nosa cidade foi excelente, tanto pola participación do voluntariado, como polas persoas que se achegaron a doar, acadando as 420 doazóns, das que o 23% correspóndese con novos doantes.
Descargar todas as imaxes