Constitúese a Plataforma Cidadá pro Universiada 2013/2015
A Plataforma Cidadá pro Universiada 2013/2015 constituiuse este martes coa presenza de representantes do Goberno local, dos grupos políticos municipais e de distintas entidades económicas e sociais de Vigo, co obxectivo de apoiar a candidatura da nosa cidade para acoller nalgún destes dous anos este evento internacional.
O alcalde, Abel Caballero, referiuse á candidatura de Vigo para acoller a Universiada como "un proxecto de cidade que debemos abordar colectivamente". Caballero engadiu que "non hai nada mellor para conseguir un reto desta envergadura que arrincar todos xuntos". En opinión do alcalde, deste xeito Vigo poderá aproveitar as "moitísimas opcións de saír gañadora" coas que conta.
Santiago Domínguez, tenente de alcalde e un dos principais impulsores desta iniciativa, tomara a palabra anteriormente para informar de que "a principios de outubro haberá que presentar o proxecto definitivo de candidatura" ante o Consello Superior de Deportes. Este organismo terá que decidir antes de finalizar este ano entre Vigo e Murcia cal das dúas cidades representa a España na carreira por acoller a Universiada. A decisión final chegará a finais de 2008 de mans da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU).
Domínguez salientou a importancia da Plataforma Cidadá pro Universiada 2013/2015 para que o Consello Superior de Deportes saiba que a candidatura viguesa "conta co apoio dos sectores económicos, sociais e políticos" da cidade. Por este motivo, unha das accións que levaron a cabo os representantes reunidos na xuntanza constitutiva deste martes foi a de asinar unha carta de adhesión que se enviará conxuntamente co proxecto de candidatura.
Pola súa parte, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, afirmou que "canto antes comprendamos a importancia deste evento máis posibilidades teremos de conseguilo". Gago lembrou a súa viaxe como membro da delegación viguesa que visitou Bangkok para asistir á Universiada que tivo lugar nesta cidade en agosto para sinalar a relevancia deste evento. Neste sentido, o reitor asegurou que a elección de Vigo para acoller a Universiada "significaría unha posta en escena internacional de primeirísimo nivel" para a cidade e para a propia Universidade, xa que comportaría a construción dunha vila universitaria cunha capacidade de 10.000 a 12.000 prazas.
Descargar todas as imaxes