Escoitar

Aumenta o uso do transporte público e do non motorizado en Vigo

Nos últimos tres anos en Vigo aumentou o uso do transporte público e do non motorizado e descendeu a utilización do privado, segundo se desprende do estudo realizado polo Valedor do Cidadán e recollido no libro "Mobilidade local e trasporte", que presentaron este luns o alcalde, Abel Caballero, e o propio Valedor, Luis Espada.

luns, 17 set 2007
1190033793transportevaledor170907.jpg
Os datos xerais do estudo, levado a cabo a partir de 1.315 enquisas persoais nos meses de maio, xuño e xullo, reflicten lixeiros incrementos con respecto a 2003 no uso do transporte non motorizado (do 27,60% ao 28,09%) e do público (do 16,80% ao 17,50%), mentres que descende o transporte privado (do 55,60% ao 54,41%).

Ademais, no libro "Mobilidade local e transporte" constátase a diminución do número de desprazamentos medios por cápita en todas as categorías estudiadas (traballo, centro de ensino e lugares de compra diaria, lecer semanal e lecer de fin de semana). A cifra global de desprazamentos diarios por cápita en Vigo é de 2,2.

Tamén se produce unha lixeira diminución no que se refire ao tempo medio dos desprazamentos, situándose en 2007 en 18,5 minutos. Este descenso verifícase en todas as categorías menos na de traslados a lugares de lecer semanal.

Así mesmo, redúcese a distancia percorrida en todas as categorías estudadas, sendo maior esta diminución no que respecta a desprazamentos a lugares de lecer de fin de semana (de 18,47 a 14,99 kilómetros).

Por outra parte, constátase unha notoria diminución dos desprazamentos non sistemáticos en vehículo privado (do 41,84% ao 30,79%) a favor dun maior uso do transporte público (do 7,96% ao 12,26%) e non motorizado (do 50,20% ao 56,95%).
Descargar todas as imaxes