Escoitar
O grupo californiano de heavy metal actuará o vindeiro 10 de xullo dentro do programa ”Vigo, cidade de concertos”

Están á venda as entradas para o concerto de SLAYER

martes, 28 mai 2002
imx1473.jpg
Xa están a venda as entradas para o concerto que Slayer dará en Vigo o vindeiro 10 de xullo organizado polas concellerías de Xuventude e Festas e Animación Sociocultural e promovido por Produccións artísticas Boxer S.L.

As entradas poderán adquirirse ó prezo de 19 euros nos establecementos LP, La Columna, tendas Tipo, Discópolis e www.bbvaticket.com. O importe das mesmas será de 21 euros en taquilla o día do concerto.

O grupo californiano é o mais clásico dentro da escena metalera e presentará no pavillón das Travesas o seu último traballo ”God Hates Us All”, disco agresivo, salvaxe, denso e timidamente innovador.

Como teloneiros actuarán Hora Zulú e Talesien, grupo emerxente galego de heavy-metal.


MÁIS INFORMACIÓN

Descargar todas as imaxes