Acordos do Pleno da Corporación municipal
O Pleno da Corporación decidiu a cesión da antiga casa rectoral de Alcabre á asociación de veciños, a aprobación das bases que rexerán o concurso de uso dos espacios do centro ”Casco Vello”, a cesión dunha parcela en Bembrive para a construcción dun centro da terceira idade e a segunda e terceira fases do documento de información, análise e diagnóstico do Plan xeral, entre outros asuntos.
A Corporación municipal gardou un minuto de silencio polas seis mulleres asasinadas, nos últimos días, víctimas da violencia doméstica e amosou o seu apoio á familia, grupos municipal e parlamentario do PP e Corporación moañesa polo falecemento nun accidente de tráfico da concelleira e deputada María Martín.
O Pleno aprobou a cesión gratuíta da Casa rectoral de Alcabre, polo prazo de 25 anos, á asociación de veciños ”Nosa Terra”, que deberá destinar o local aos fins propios dos seus estatutos para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral de carácter social, lúdico e cultural.
Aprobáronse tamén as bases que rexerán o concurso para a autorización do uso e goce dos espacios de uso privativo no ”Viveiro de Asociacións” do Centro de Servicios Sociocomunitarios Casco Vello, sito na rúa Oliva, 12.
Aprobouse inicialmente a cesión á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais dunha parcela municipal de 7.700 m2 sito no Camiño Areeiro-Bembrive para a construcción dun centro da terceira idade.
Outro dos puntos aprobados foi o documento de información, análise, diagnose, obxectivos, criterios e primeiras propostas correspondentes ás fases 2ª e 3ª do programa de traballo do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Outros asuntos aprobados foron o expediente de contratación para a concesión administrativa do servicio de instalación, limpeza, mantemento e reposición de colectores de lixo e a ratificación do acordo relativo á convalidación de actuacións e gasto correspondentes ao proxecto modificado e proxecto complementario do Museo de Arte Contemporánea. Aprobouse inicialmente unha modificación puntual do Pxom sobre a normativa de entreplantas en Rosalía de Castro.
Aprobáronse definitivamente o estudio de detalle en Ramón Nieto, 117 e mailos proxectos de expropiación nas rúas Pedro Alvarado e Maceiras (Teis).
Mocións aprobadas no Pleno da Corporación municipal
O Pleno aproba as mocións sobre o peche de Ingabad, o apoio da candidatura de Garzón ó Premio Nobel da Paz e a petición de liberdade da nixeriana Amina.
A Corporación municipal aprobou hoxe en sesión plenaria unha moción na que se solicita o permanencia das instalación do Ingabad en Vigo. Esta moción presentada polo concelleiro Manuel Soto, do grupo Progresistas Vigueses, di o seguinte:
”A pretendida decisión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de pecha-lo Instituto Galego de Bacharelato a Distancia (coñecido comunmente polas súas siglas de INGABAD), parécenos unha decisión inxustificada porque as estatísticas do seu funcionamento avalan a eficacia desta Institución.
E se amais diso vemos que no resto das Comunidades Autónomas de España seguen a funcionar Institucións das mesmas características...¿A que ven esta medida tan desafortunada?
O escrito, acompañado dos oportunos informes, que vimos de recibir do Sr. Presidente do Consello Escolar do INGABAD en Vigo non ten desperdicio, polo que o axuntamos. Aí se pode ver que os alumnos viñan apoiando coa súa presencia a actuación do Instituto Galego de Bacharelato a Distancia, ata que a Consellería de Educación tomou a infausta decisión de non permitir que alí se impartise a LOXSE, co que condenaba a unha morte gradual á Institución.
Disque queren darlle o peche definitivo en Setembro, cousa a que nos opoñemos por ser moi negativa pra os potenciais alumnos da nosa Área Metropolitana, e coidamos que do resto de Galicia tamén.
Só unha visión “puramente economicista”, cativa, pode levar a este tipo de actuación tan lamentable, e rexeitable. E máis, caso de querer facer algunha reforma poderían, por exemplo, tentar de fusionar o INGABAD coas EPAS (Ensinanza Permanente de Adultos).
Consonte co antedito propoñemos:
1.- Pedirlle a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estudie o mellor xeito de potencia-lo INGABAD e que, en calquera caso, cancele a decisión de pechar esta necesaria Institución.
2.- Enviarlle copia desta petición ó Sr. Presidente da Xunta de Galicia pra pregarlle a súa intervención mediadora ó respecto.
Liberdade para Amina Lawal
A concelleira da Muller, Ana Gandón, defendeu unha moción na que se solicita á Amnistía Internacional á petición de liberdade para a muller nixeriana Amina Lawal que foi sentenciada á morte por lapidación por ter un fillo estando divorciada.
Texto da moción:
” Unha vez mais, a través de Amnistía Internacional, temos noticias de que outra muller ten sido condenada á morte por lapidación. Trátase de Amina Lawal, nixeriana de 30 anos de idade que foi sentenciada á morte por lapidación por ter un fillo estando divorciada.
O ”xuízo” celebrouse sen que Amina contase con avogado. Tras a súa condena a morte unha asociación de mulleres contratou un avogado para que se encargase da apelación.
O 27 de maio é a data establecida polo tribunal superior de Sharia de Funtua, no estado de Katsina, para escoitar as alegacións. O código penal que se aplica nese estado baséase na Sharia, e establece o embarazo como proba de adulterio e o castigo para as mulleres é morte por lapidación.
Só a solidariedade e a presión internacional poden salvar a vida desta muller, como aconteceu no caso de Safiya.
Por todo o exposto proponse ó Pleno da Corporación que adopte o acordo de facerlle chegar urxentemente a Amnistía Internacional a adhesión do Concello de Vigo a petición de liberdade para Amina e a condena dun sistema legal e penal tan brutal e inhumano”
Apoio á candidatura de Garzón ó Premio Nobel da Paz
O concelleiro do Partido Popular, Jacinto Lareo, presentou unha moción ó Pleno da Corporación ,que se aprobou por unanimidade, na que se solicita o apoio á candidatura de Baltasar Garzón Real o Premio Nobel da Paz 2002 pola súa loita contra a impunidade en prol da Xustiza Universal e os dereitos Humanos”
O textos da moción é o seguinte:
” O Comité Galego pro Nobel da Paz a D. Baltasar Garzón Real, formado polo Proxecto Home, Seminario Galego de Educación para a Paz, Bemposta-Cidade dos Muchachos, Fundación Galega contra o Narcotráfico e Despertar-Cambados, presentou esta iniciativa ante o Comité do Nobel da Paz en Oslo e foi admitida polo dito Comité con data 31 de xaneiro deste ano.
A presentación da candidatura de D. Baltasar Garzón Real foi promovida pola Asociación Latinoamericana de Dereitos Humanos e a Fundación de Artistas e Intelectuais polos pobos indíxenas de Latinoamericana.
D. Baltasar Garzón, impulsou o concepto de comunidade humana, termo recollido no Convenio Europeo de dereitos Humanos, este maxistrado doulle un carácter ou sentido universal, pois a protección dos dereitos humanos non poden ter barreiras xeográficas, por non dicir fronteiras, para así universalizar tódolos dereitos humanos de calquera ciudadan ou cidadá do mundo.
E por fin coa entrada en funcionamento da Corte Penal Internacional (CPI) o vindeiro mes de xullo, esa proxección dos dereitos humanos preconizados polo Sr. Garzón se verán instrumentados nese organismo que con tanta ilusión esperabamos e polo que tódolos defensores dos dereitos humanos felicitámonos.
Da súa traxectoria profesional, dos seus compromisos coa sociedade civil ( destacando a súa loita contra o narcotráfico), e do seu amplo curriculum xa temos coñecemento de abondo para valorar a figura deste maxistrado.
Polo tanto, propoño ante o Pleno desta Corporación apelando á sensibilidade dos seus membros, a seguinte moción que se apoie á candidatura de Baltasar Garzón Real o Premio Nobel da Paz 2002 pola súa loita contra a impunidade en prol da Xustiza Universal e os dereitos Humanos”
Descargar todas as imaxes