Escoitar

Convenio para relanzar o deporte de base

venres, 24 mai 2002
imx1459.jpg
Presentación
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, anunciou esta mañá a sinatura dun convenio de colaboración entre a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e o Instituto Municipal de Deportes (IMD) para promocionar os equipos de base.

Este convenio ten como obxetivo establecer un marco de relación para a coordinación e colaboración no desenvolvemento dos programas de actuación en materia de promoción deportiva e consolidación das actuacións da Fundación (VIDE).

Segundo o concelleiro este é un momento histórico para o deporte vigués, xa que o convenio de colaboración vai dirixido ós equipos pequenos de base, que viñan reclamando unha maior atención por parte das autoridades, quedando excluídos os clubes de elite.

Vigo conta con 393 clubes de base, para menores de 18 anos, algúns están adscritos a colexios ou institucións, polo que serán uns 150 os que se beneficiarán deste novo convenio. A convocatoria para presentar as solicitudes do uso do pavillón polos equipos xa está aberta.

A Fundación Vigo Deporte, que ten o respaldo de empresas como Caixanova, Pescanova e PSA Citroen, aportará 12 millóns de pesetas neste convenio que pretende relanzar o deporte vigués.

Descargar todas as imaxes