Escoitar
Presentaranse as montaxes “Que pasa na praza” e “Chímpete Chámpata”, respectivamente

Beade e Lavadores acollen representacións do programa Vigocreque

xoves, 23 mai 2002
imx1449.jpg
Programa
Seguindo coa programación “Vigocreque, circuíto de monicreques polos barrios de Vigo”, o venres terán lugar as últimas representacións correspondentes o mes de maio.

A compañía Pablo Nojes ofrecerá a montaxe “Que pasa na Praza” ás 19.00 horas no CSCR de Beade, mentras que a Compañía Spaguetti Títeres actuará ás 18,30 na Asociación de Veciños de Lavadores, coa representación da obra “Chímpete Chámpata”.

“Que pasa na Praza” é un espectáculo unipersoal para adultos e cativos, e emprega varias técnicas, como os monicreques de boca, a danza, o mimo, a actuación e a música.

A obra relata a historia dun xograr que chega á praza e conta as cousas que ve e imaxina que alí pasan: a dun pallaso que loita por pórse o nariz e se namora dunha flor: a dun concertista de frauta e a inesperada interrupción dun ximnasta ou dun vendedor de mel que caza sons nos seus frascos.

“Chímpete Chámpata” relata a historia de Narigón, que atopa unha bolsa con lentellas. Pensa que está só pero é observado polo comisario que lle dá o alto. O seu amigo Galerita dálle un bo consello pero...

O programa “Vigocreque. Circuíto de monicreques polos barrios de Vigo” é unha iniciativa da concellería de Festas e Animación Sociocultural, e ten como obxectivo levar ós barrios da cidade espectáculos de monicreques para toda a familia.

Descargar todas as imaxes