Escoitar

Normalización Lingüística publica a guía ”Deportes de aventura”

venres, 24 mai 2002
imx1450.jpg
Publicación
A Concellería de Normalización Lingüística e a Universidade de Vigo editaron unha guía de deportes de aventura dentro do programa ”¿Xogas? En galego podemos”. Este caderno distribuirase entre a comunidade universitaria, escolas deportivas municipais e centros de ensino.

A publicación ”Deportes de Aventura” achega información de diversas prácticas deportivas aos interesados e, asemade, potencia o uso e difusión da lingua de noso. O primeiro caderno de deportes dedicado a atletismo, baloncesto e ciclismo, xunto cunha unidade didáctica e un vídeo divulgativo do xogo do paracaídas distribuiuse no mes de febreiro.

Este segundo caderno ”Deportes de aventura” contén actividades relacionadas coa natureza e montaña sendeirismo, orientación, ascensión, bicicleta todo terreo...): natureza e aire (parapente, ultralixeiro, ala delta...): natureza e auga (rafting e hidrospeed), actividades combinadas e outros deportes.
Descargar todas as imaxes