Escoitar

Xuventude comezará un programa de pintado de muros con graffitis

martes, 28 mai 2002
imx1461.jpg
Pintado de graffitis
Varios muros da cidade serán invadidos polas cores rechamantes de 45 mozos que practican o graffiti de maneira ordenada, para que os seus impulsos creativos se vexan plasmados no gran escenario urbano que é Vigo. Aínda que para comezar hai muros suficientes, búscanse máis, para o que se solicita a colaboración cidadá.

Para eso, a Concellería solicita a tódolos veciños que puideran estar interesados en decorar algún muro que presente mal aspecto no seu inmoble, se dirixa á Casa da Xuventude (986 294 806), para incorporalos ós novos proxectos de pintado. Para facelo con tódolos requisitos, deberán tomar un acordo da Comunidade de Propietarios.

Os mozos interesados en pintar están realizando un censo de posibles ubicacións, para que posteriormente a Concellería se dirixa ós respectivos propietarios para lles solicita-los permisos oportunos.

O concelleiro Santiago Domínguez ve nesta acción “unha resposta máis que dá a Concellería ós mozos e mozas de Vigo que xeneran impulsos positivos, e sobre todo demostran ó resto da sociedade que a xuventude atesoura valores moi interesantes, que o Concello sempre potenciará”.

Moitos dos mozos vencellados a esta iniciativa participaron nun curso de graffiti realizado dentro do programa municipal Súbete ó Castro, destinado a canalizar esta parte das enerxías creativas dos mozos e mozas da cidade.

Para a acción que dará comezo estes días seleccionáronse 5 muros de tamaño mediano en toda a cidade, ubicados especialmente en entornos de centros de ensino, tales como peches ou paredes que agora presentan aspectos pouco estéticos e que deban ser mellorados con estas mostras de arte urbano.

Outra dimensión do programa consiste en decorar parte do Centro Xuvenil aberto recentemente na Rúa Uruguai. Nalgunha das súas paredes xa pode verse obra dalgúns mozos graffiteros.

Máis adiante, cando xa exista un número considerable de murais realizados, existe o proxecto de realizar un itinerario graffiteiro para que os interesados poidan localizar doadamente as obras.

Descargar todas as imaxes