Escoitar
XIII SEMANA DE TEATRO EN FAMILIA

Un teatro para toda a familia

O Concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, presentou a mañá do venres a XIII Semana de Teatro en Familia dentro da programación das Festas do Cristo da Victoria. O evento vai destinado para os máis cativos e as súas familias. O programa festivo comezará o día 31de xullo ata o 4 de agosto na Praza da Estrela cunha posta en escena diaria.

venres, 28 xul 2006
1154088462teatro280706.jpg
As actuacións teatrais realizaranse ás 20.00 horas para aproveitar a luz natural, cun público que en edicións anteriores rozou as 1000 persoas diarias, con idades entre 0 e 99 anos. O obxetivo do proxecto é entreter ó público de tipo familiar e divertir non só os cativos, senón tamén os adultos que os acompañan.

Todas as obras se realizarán na Praza da Estrela, en caso de que as condicións meterolóxicas non fixeran posible poñer en marcha algunha das representación nesta localización, sempre que dende o punto de vista técnico sexa posible, trasladaríase ao auditorio municipal, onde o aforo limítase a 300 persoas.

O programa conta con cinco montaxes de alto nivel artístico e visual a cargo de compañías de prestixio a nivel nacional. O luns dará o pistoletazo de saída a compañía arxentina La Galera Encantada. O martes será Teatro Paraíso con "Mi Odisea" que deleitará ás familias, mentres o mércores a compañía valenciana Combinats Teatre levará a cabo unha montaxe para os máis cativos chea de humor e sopresas. Engrata presenta o xoves un espectáculo clásico de clown e o venres rematará o programa a compañía PTV CLOWN coa montaxe "Animalico", dirixida por Eduardo Zamanillo.
Todas estas propostas teatrais son estreos en Galicia, agás a última actuación.

Na XIII Semana de Teatro en Familia non participarán compañías galegas, xa que se apoiou especialmente coa creación do programa "Con T de Teatro" que se desenvolveu no auditorio municipal de febreiro a xuño deste ano.

O presuposto total da semana de Teatro de Familia, en canto á contratación e producción técnica, ascendeu a 20.000 euros.


Descargar todas as imaxes