Escoitar
PLENO DA CORPORACIÓN

Os socialistas e os nacionalistas piden igualdade de xénero no rueiro vigués

A maior parte das mocións tratadas no pleno da mañá do xoves foron aprobadas por unanimidade. O PSdeG-PSOE eo BNG presentaron unha moción a sobor da necesidade de poñer nomes de muller ás rúas da cidade de Vigo. O resultado non foi desfavorable, os socialistas para lograr un consenso co PP tiveron que modificar o punto onde pedían levar ó rueiro o nome das mulleres galegas represariadas no 36.

xoves, 27 xul 2006
1154016599pleno270706.jpg
As rúas viguesas portan carteis con 300 nomes de homes e cerca de 30 nomes de mulleres, unha diferencia considerable. A concelleira do BNG, María Méndez, implicouse na defensa desta moción, onde afirmou que unha cidade como Vigo merece que o número de nomes de mulleres aumente nas rúas, indicando que proxectos como este xa se están a poñer en marcha en cidades como Madrid ou Córdoba. Mentres, a concelleira socialista, Belén Sío Lourido, recalcou as necesidades de respetar a orixen toponímica das rúas de nova creación e a elaboración dunha guía cos nomes de cada unha delas e a súa historia.

Os populares mantivéronse de acordo coa diferencia de xénero nas rúas, pero aclararon que xa existe unha guía didáctica e un libro que explica o entramado urbano vigués. Dende o primer momento se mostraron reacios co punto no que os socialistas pedían por os nomes da mulleres galegas represariadas no 36 no rueiro, polo que modificouse a moción proposta.

Mocións

O BNG pediu a cración dun Departamento de Accesibilidade, esta moción foi aprobada por toda a corporación. Este departamento debe supervisar de xeito transversal todos os proxectos que versen sobre o Plan Especial de Actuación para a Accesibilidade, o mesmo tempo que se eliminan as barreiras arquitectónicas que afecten os discapacitados.

No Pleno se aprobou a actuación de humanización na avenida de Castrelos e da Florida, a creación dunha escola infantil no parque tecnolóxico e loxístico de Valadares, así como trasladar ó Parlamento Europeo o recoñecemento da corporación pola aprobación do uso do galego para as comunicacións.

Os socialistas non acordaron aprobar a supresión da peaxe da A-9 entre Vigo-Pontevedra e Vigo-Redondela, unha moción que presentou o PP ante as peticións cidadáns. María Xose Porteiro afirmou que non se precisaría esta supresión ante a promesa da Xunta de Galicia da creación dunha autovía que bordease a ría pola Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes