Escoitar
FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA

O Concello espera que se complete o aforo en Castrelos con Pet Shop Boys

O grupo británico, Pet Shop Boys, aterrizan en Vigo cun novo disco. Os cantantes tocarán as súas novas cancións e as que os fixeron famosos internacionalmente, no Auditorio de Castrelos o 1 de agosto. O concello imprimiu moito esforzo económico e de traballo para que o conxunto estivese na cidade.

mércores, 26 xul 2006
1153915876petshopboys.jpg
Pet Shop Boys
O Hotel Universal acollerá os cantantes e o seu equipo durante a súa estancia en Vigo, máis de 30 persoas, que organizarán un concerto cunha motaxe "supercomplicada" e "espectacular", con pantallas, coristas e bailarines. O grupo interpretará temas do seu noveno traballo e as súas mellores cancións. Os preparativos e a proxección do concerto indican que sexa moi probable que se esgoten as entradas no Auditorio de Castrelos como na actuación de Franz Ferdinand.

Pet Shop Boys estarán exclusivamente en Vigo, non darán ningún concerto noutro lugar de España. Os vigueses, Cat People, serán os teloneiros dos británicos. A organización porá en marcha actividades e visitas para o grupo como se fixo coa banda Franz Ferdinand, xa que se aloxarán dous ou tres días na cidade. Os cantantes non esixiron nada fora do habitual.

A organización intentará solventar os problemas existentes no auditorio, para que non se produza falta de suministro de enerxía como sucedeu no concerto de ZiggyMarley e El Puto Coke.
Descargar todas as imaxes