O Cidade de Vigo serviralle ao Celta de pedra de toque antes do inico da Liga
Enfronte un dos "equipos dignos" da Liga das Estrelas, o Real Zaragoza. O partido será mañá xoves no estadio de Balaídos e será retransmitido pola TVG.
Un ano máis, cando estamos a piques de comezar a Liga das Estrelas, na que o Celta volve a estar entre os grandes do fútbol español, chega o Trofeo Cidade de Vigo, que servirá para medir as forzas dun renovado Celta contra outro dos equipos históricos da máxima categoría do fútbol español, o Real Zaragoza.
O Trofeo Cidade de Vigo vai celebrar súa XXXV edición o que o converte nun dos torneos de prestixio do verán, por donde pasaron equipos como o Chelsea, Oporto, FC Barcelona, Benfica, Real Madrid, Athletic de Bilbao, Atletic de Madrid, Fiorentina ou Inter de Milan.
Este ano, ademáis do trofeo ao vencedor, haberá outro para o subcampeón e un especial para o xogador mais valioso da final. O partido comezará mañá xoves ás 21,30 horas no estadio de Balaídos e será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia.
O presidente do Celta, Horacio Gómez, calificou o torneo como "o máis importante da cidade" e ao equipo visitante, o Real Zaragoza, como "un rival digno de primeira división", que servirá para a posta en marcha do Celta no inicio de Liga.
Descargar todas as imaxes