Escoitar

O Concello de Vigo decreta tres días de loito oficial polos militares mortos en Afganistán

A Xunta de voceiros, nunha reunión extraordinaria celebrada hoxe mércores, decidiu decretar tres días de loito oficial no Concello de Vigo polos 17 militares falecidos no helicóptero sinistrado en Afganistán.

mércores, 17 ago 2005
Dez dos 17 falecidos eran galegos e dous eran veciños de Vigo. Durante os tres días de loito oficial, as bandeiras do Concello ondearán a media asta.

A Corporación municipal quere manifestar a súa dor por este suceso e expresar a súa solidariedade cos familiares das víctimas.