Avance do Informe preliminar sobre Medicións de Cheiros e Medidas Correctoras da EDAR do Lagares
De seguido emítese un informe detallado sobre as medicións de gases efectuadas na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Lagares entre o 20 de xullo e o 8 de agosto.
Baseándose nestas medicións, adiántanse as medidas correctoras a nivel de definición preliminar. Este informe realízase no marco do contrato de "Prestación de Servizos Técnicos na EDAR do Lagares", asinado entre o Concello de Vigo e Ingeniería de Vertidos SL, contrato que ten por obxecto o asesoramento e o control do funcionamento de dita instalación.