Escoitar

Todo a punto para o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate Development

Esta mañá presentouse nas instalacións de Marina Davila Sport o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate Development, que se celebrará en Vigo entre o 13 e o 15 de agosto.

xoves, 11 ago 2005
1123762345boat.jpeg
No acto participaron a concelleira de Deportes e Turismo, Lucía Molares; o promotor do Mundial, José Luis del Palacio; o presidente en funcións da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, e Marta Mondina, en representación de ING.

El vigués José Luis del Palacio, promotor de todas as probas do Campionato do Mundo de GP Boats, asegurou esta mañá que o que se verá esta fin de semana en Vigo "é unha carreira de verdade". Del Palacio explicou que a ciudad terá a sorte de vivir unha xornada máis do habitual nestas competicións, "porque decidimos alongalo un día máis aproveitando a ponte".

Isto permitirá realizar, segundo José Luis del Palacio, "dúas probas puntuables, en vez de unha". Estas dúas probas serán o Campionato do Mundo, que se disputará o domingo 14, e o Campionato Europeo, o luns 15. O promotor louvou as instalacións de Marina Davila Sport e asegurou que se o tempo acompaña, a cidade presenciará unha proba espectacular, algo probable "porque esta dársena está moi resgardada".

Lucía Molares salientou a importancia que este Mundial terá para a promoción turística de Vigo, "unha cidade industrial que no entanto potencia o seu sector turístico". A concelleira de Deportes cre que estas probas náuticas son moi positivas, xa que permiten a Vigo darse a coñecer en todo o mundo.

As persoas que teñan os seus barcos amarrados na dársena de Bouzas deberán ter en conta que a zona estará ocupada durante tres días coas carreiras.

A páxina web da organización, www.boatgp.com, ofrece información puntual sobre esta proba do Mundial. Tamén pode encontrarse información na de Marina Davila Sport, www.davilasport.es e na do Concello de Vigo, www.vigo.org.
Descargar todas as imaxes

Máis información