O Cidade de Vigo de Tenis prepárase para unha semana grande
Entre o 13 e o 20 de agosto o Club de Campo de Vigo albergará este torneo clásico e puntuable para a clasificación da ATP. Campións como Santana, Orantes ou Rafa Nadal figuran no palmarés do trofeo vigués.
A concelleira Lucía Molares presentou hoxe xoves no Club de Campo de Vigo o LXV Concurso Internacional de Tenis Cidade de Vigo, que se disputará nas instalacións do recinto entre o 13 e o 20 de agosto de 2005. O Cidade de Vigo é unha competición tipo "challenger" masculino, incluído no calendario internacional e válido para o ranking mundial da ATP.
O Torneo ten unha dotación total en premios de 37.500 dólares nas dúas categorías: individual, cunha fase final de 32 xogadores, e dobres, cun cadro de 16 parellas. A proba individual ten un premio de 5.400 $ para o vencedor, 3.200 $ para o finalista, 1.880 para os semifinalistas, 1.100 $ para os cartofinalistas, 650$ os octavofinalistas e 385 $ por disputar a fase final. En dobres a parella gañadora se embolsará 2.300 $, 1.360 $ a finalista, 800 $ os semifinalistas, 470 $ os cartofinalistas e 280 os octavofinalistas.
Entre os participantes deste ano destacan os españois Fernando Vicente, Albert Portas ou Galo Blanco e os estranxeiros Oliver Mutis (Luxemburgo), Jan Vacek (Praga) ou Teimuraz Gabashvili (Georgia).
O Trofeo de Tenis Cidade de Vigo é unha proba de gran prestixio no panorama nacional , ben asentada, xa que leva 55 edicións, e conta con campións tan importantes no seu historial como Manolo Santana (1958), Manuel Orantes (1966), Sergio Casal (1981), Alberto Berasategui (1991), Feliciano López (1999) ou Rafael Nadal (2002).