O Concello organiza un campus na Lanzada para 30 nenos en situación de risco social
A concelleira Marta Iglesias presentou hoxe venres o "Programa de Infancia e Familia na Lanzada", que o Concello organiza en colaboración coa Fundación Aldaba no centro de vacacións que a Deputación de Pontevedra ten nesa praia.
O Campus da Lanzada, que se inclúe no programa municipal de Infancia e Familia, desenvolverase do 17 ao 26 de agosto. Nesta iniciativa participarán 30 nenos de entre oito e 12 anos en situación de risco ou con especiais dificultades nos ámbitos das dinámicas familiares, educacionais e de integración social. Estes menores están incluídos no Servizo Municipal de Infancia e Familia.
Entre os obxectivos xerais do Campus están o fomento de hábitos alimenticios e hixiénicos saudables, propiciar a adquisición de habilidades sociais por parte dos nenos e contribuír á estimulación xeral dos menores a través de novas relacións sociais, experiencias diferentes e desenvolvemento da psicomotricidade. Con isto quérese xerar un ambiente axeitado para a convivencia e o desenvolvemento da autoestima dos menores.
Como obxectivos específicos están o fomento da responsibilidade e autonomía no ámbito do coidado persoal, a aceptación de normas para a regulación da convivencia, a valoración do enriquecemento persoal a través da relación cos outros e a apreciación do pacto e a negociación como maneira de resolver conflictos.
Para isto, un equipo de monitores guiará os nenos nunha serie de actividades que inclúe traballos cooperativos e en grupo, así como horarios e rotinas en canto ao aseo, o exercicio físico, a comida e o baño. Tamén se lles asignarán aos nenos responsabilidades individuais, como facer a cama e recoller os pratos.
Ademais, faranse dúas visitas culturais guiadas, unha delas ao Parque Acuático de Cerceda (A Coruña) e a outra consistente nunha rota de sendeirismo polo monte Xirandella, en Sanxenxo.
Na presentación do Campus da Lanzada a concelleira Marta Iglesias estivo acompañada pola coordinadora do equipo do Servizo Municipal de Infancia e Familia, Adela Piñeiro, que puxo especial énfase nos obxectivos de "reorganización da dinámica familiar" e de "integración social" con que naceu esta iniciativa en 2004.
Descargar todas as imaxes