Escoitar

Todos os barcos que disputarán o Mundial GP Boats estarán en Vigo esta noite

As primeiras embarcacións que disputarán entre o 13 e o 15 de agosto o Campionato do Mundo GP Boats-ING Real Estate Development xa están ocupando a zona de boxes na dársena de Bouzas.

venres, 12 ago 2005
O primeiro barco chegou o mércores pola noite, e onte, xoves 11 de agosto, pola mañá a actividade aumentou notablemente, coa chegada doutros cinco. O resto das embarcacións foron chegando ao longo da tarde de onte, e xa pola noite estiveron xa todas en Vigo.

Tamén os pilotos están chegando á cidade. A maioría non viaxa xunto ás súas embarcacións, pero case todos eles tiñan prevista onte su llegada, e os máis rezagados, como o gran favorito, o sueco Jonas Andersson, viñeron hoxe venres.

O prazo oficial de inscrición para competir no Mundial abriuse hoxe venres ás 14.00 horas e termina ás 18.00 horas. O barcos teñen que superar a inspección técnica obrigatoria, sen a cal non se lles permite competir o sábado. Nesta competición as embarcacións pasan un férreo control, e en cada xornada as tres primeiras clasificadas son desmontadas por completo polo comisario técnico para comprobar que non se forzaron os motores.

Horario de tránsito na dársena de Bouzas

Os tres días de competición haberá un horario de tránsito para as embarcacións amarradas na dársena de Bouzas, co fin de evitar incidentes durante o Campionato do Mundo. A organización do Mundial informou destes horarios, que son os seguintes:

Sábado, 13 de agosto: A dársena de Bouzas estará aberta ao tránsito para as embarcacións amarradas nela entre as 8.00 e as 9.30 horas pola mañá, e entre as 15.00 e as 17.30 pola tarde. A dársena quedará aberta este día a partir das 21.00 horas
.
Domingo, 14 de agosto: A dársena de Bouzas estará aberta entre as 8.00 e as 9.30 horas pola mañá, e entre as 13.00 e as 17.30 pola tarde. A zona quedará aberta ese día a partir das 20.00 horas.

Luns, 15 de agosto: Como nos dous días anteriores, a dársena estará aberta pola mañá entre as 8.00 e as 9.30 horas. Como o luns só hai competición pola mañá, a partir das 14.30 horas a zona quedará definitivamente aberta.