Carlos Méndez: o contrabaixo solista no Museo de Arte Contemporánea
O profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo Carlos Méndez pasará á historia da cidade como o primeiro concertista que actuou no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Co recital de Méndez ábrese o MARCO ó público vigués, da man do Festival Are-More.
Méndez é un apaixonado do contrabaixo e dedicou boa parte da súa vida profesional e artística a reivindica-lo papel de solista deste instrumento. Iniciou os seus estudios en Rentería, no conservatorio de música de San Sebastián e en Madrid. Durante a súa etapa de estudiante formou parte das novas orquestras do País Vasco e de Madrid, onde chegou a ser membro da Joven Orquesta Nacional de España.
A partir de 1992 traballou da man do que sería o seu gran mestre Luwing Streicher, na Escola Superior Reina Sofía. Alí conseguiu o diploma ó mellor grupo de cámara, o que lle abriu as portas para actuar con algunhas das máis recoñecidas orquestras españolas. A maior parte das súas primeiras xiras por España realizounas como contrabaixista principal da Orquestra Andrés Segovia, compatibilizando esta actividade con recitais de cámara. En 1994 obtén o título polo Conservatorio Superior de Música de Madrid, para asentarse, ó ano seguinte, en Santiago de Compostela, obtendo en 1998 o posto de contrabaixo principal por oposición na Real Filharmonía de Galicia.
Actuou como solista de contrabaixo por toda España e tamén fundou o grupo “Cordófonos”, co pianista Alejo Amoedo, a fin de reivindica-lo papel de solista do contrabaixo. Dirixiu a orquestra do Conservatorio de Rentería, e imparte regularmente cursos de música de cámara e de contrabaixo na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia. Na actualidade é profesor de contrabaixo e de música de cámara no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
No concerto de ARE MORE, que serve de apertura do MARCO ó público, interpretará obras de Hans Fryba e Debussy, ó tempo que será o protagonista da estrea da composición de José Luis Turina “Partita” para contrabaixo.
BIOGRAFÍA
PROGRAMA
ENTRADAS