5.000 rapaces poderán asistir ó concerto que Melody ofrecerá en Vigo
A Concellería de Xuventude, en colaboración coa de Festas e Animación Sociocultural e Caixanova, organiza o concerto de Melody incluído na programación da Feira da Infancia e Xuventude que se desenvolverá do 26 ó 30 de decembro en Cotogrande. A cantante de ”El baile del gorila” actuará o 30 de decembro ás 21:00 no Pavillón dos Deportes das Travesas.
O concelleiro Santiago Domínguez explicou que esta actuación destinada ós nenos demostra a pluralidade da oferta do Concello de Vigo cunha programación para tódolos públicos e con distintos gustos musicais.
As entradas para este concerto pódense adquirir en taquilla por 1.800 pesetas, de forma anticipada en Elepé e La Columna por 1.500 e na Feira da Infancia e Xuventude por 1.000 pesetas.
Melodía Ruiz Gutiérrez, verdadeiro nome de Melody, naceu en Dos Hermanas (Sevilla) no seo da familia de Los Quillos, un dos grupos máis relevantes dos círculos musicais da capital andaluza. A canción ”El baile del gorila” define a Melody como unha artista co carácter ledo e desenfadado dunha rumbeira nata.
A súa valía artística, despois de sacar un álbum con 12 temas que van da rumba ó rap con tintes flamencos e baladas, queda avalada coa intención dos productores de realizar o seu lanzamento fóra de España porque Melody está incluso disposta a cantar os seus temas en inglés e italiano.
BIOGRAFÍA
DISCOGRAFÍA
Descargar todas as imaxes