Festa para o deporte de base
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, anunciou a celebración da Primeira Festa para o deporte de base que se celebrará o vindeiro día 28 a partir das 21.30h. no pavillón das Travesas.
O concelleiro indicou que o propósito desta actividade e propiciar a unión entre os distintos clubes, non só no terreo das competicións deportivas, e propiciar iniciativas para que estas organizacións deportivas consigan recursos económicos ademais das subvencións.
Santiago Domínguez comentou que nestes momentos estanse a dar os últimos pasos para que nos próximos meses sexa unha realidade a Asociación do Deporte Base da cidade.
A ”I Festa para o deporte de base” consistirá na elaboración dunha paella xigante para 4.000 persoas, actuacións musicais, DJ´s, magos e sorpresas. A entrada para a festa ten un prezo de 1.000 pesetas e o 60% da recadación vai destinada ós clubes.
A Festa está patrocinada por Cruzcampo e a Concellería de Deportes coa colaboración de Coca-Cola, Frutas Nieves e Faro de Vigo.
Descargar todas as imaxes