Benestar Social realizará un programa de apoio e lecer en 19 colexios
O Concello de Vigo, a través da Concellería de Benestar Social, desenvolve programas de prevención de conductas de risco e inadaptación social dentro dun programa xenérico de atención á infancia que inclúe un proxecto de apoio socioeducativo que será desenvolvido en colaboración coa Asociación Acción Solidaria de Estudiantes en 19 colexios.
A concelleira Belén Sío destacou que a sinatura deste convenio, cun presuposto de 400.000 pesetas, permitirá que voluntarios poidan apoiar os escolares de luns a venres e realizar actividades culturais, talleres e saídas durante as fines de semana. ”Quérense reforzar os valores de solidariedade, convivencia e tolerancia nos escolares que o precisen”, sinalou Sío.
O programa será desenvolvido pola Asociación Acción Solidaria de Estudiantes, con experiencia no apoio socioeducativo dentro do Proxecto Europeo Life, e será coordenado por Aldaba, Abertal e a Concellería de Benestar Social.
A Concellería de Benestar Social colabora con diversas entidades que traballan a prol da prevención e incorporación social dos grupos desfavorecidos e desenvolve accións nos eidos familiar, da inserción social e laboral. O programa xenérico de intervención realizado en colaboración coa Fundación Aldaba e o programa de lecer coa Asociación Xuvenil ”Abertal” son outros dous programas froito de convenios asinados polo Concello.
Descargar todas as imaxes