Aprobado o proxecto de urbanización da vella estrada de Madrid
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o proxecto de urbanización da vella estrada de Madrid. O proxecto prevé unha profunda reforma dos dous quilómetros e medio de estrada que van dende o Seminario ao Meixoeiro a través da parroquia de Lavadores.
Vanse investir ao redor de 650 millóns de pesetas nunhas obras coas que se pretende converter a actual estrada nunha avenida con todos os servicios urbanos. O novo vial terá 16 metros de ancho, con espacios de aparcamento a ámbolos lados e con beirarrúas de 2,5 metros. Nalgúns puntos construirase un carril lento ascendente. O proxecto recolle a construcción do saneamento, con separación de augas pluviais e fecais. Tamén se renovará a rede de abastecemento de auga e se instalarán conduccións de telefonía, gas e electricidade.
O alcalde, Lois Castrillo, explicou que un dos aspectos máis coidados na redacción do proxecto foi o relativo á seguridade vial. Procurouse incluír medidas para garantir a seguridade dos centos de estudiantes que acoden diariamente aos institutos e colexios situados á beira deste vial. No proxecto figuran semáforos, zonas de aparcamento e autobuses e pasarelas superiores.
O Concello negociou coa Consellería de Política Territorial para que financie esta obra. Unha vez que o pleno da corporación municipal aprobe o proxecto, o Concello trasladarallo á Xunta para que licite os traballos. O prazo de execución está fixado nun ano.