Aprobados os novos estatutos e bases de actuación da U.E. Rosalía de Castro 2
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou, cos votos de BNG, Psoe e PP, os novos estatutos e bases de actuación da U.E. I-06 Rosalía de Castro 2. Deste xeito dáse vía libre á presentación dos proxectos de compensación e de urbanización que permitirán prolongar a rúa Rosalía de Castro ata Isaac Peral.
Os novos estatutos e bases de actuación adáptanse completamente á Lei do Solo de Galicia ao corrixirse os aspectos que vulneraban a normativa. No documento prevese o realoxo dos ocupantes de vivendas do ámbito e faise constancia de que o Concello queda liberado de realizar aportacións que non sexan as que lle corresponden estrictamente en función do seu aproveitamento legal.
O Concello vaise reservar a titularidade dos dous aparcadoiros que se construirán nesta zona. O Consello da Xerencia aprobou unha resolución na que se manifesta a vontade do Concello de sacar a concurso público a construcción e explotación de ámbolos aparcadoiros.