Escoitar

Benestar Social colabora con Médicos do Mundo nunha campaña preventiva de consumo de substancias nocivas para a saúde

venres, 14 dec 2001
imx895.jpg
Torrado, Torrón, Sío e González
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou unha campaña nocturna de prevención e información sobre conductas de risco na xuventude que se desenvolverá as fines de semana na praza de Portugal, praza de España, Náutico e O Castro. Neste programa piloto, que dispón dun presuposto de 400.000 pesetas, participan Médicos do Mundo e a Federación Provincial de Hostalería.

Persoal técnico de Médicos do Mundo desprazarase nunha unidade móbil ós lugares de maior afluencia da xuventude durante as noites das fines de semana. Desde a medianoite e ata as 2:00 ofrecerase información dos recursos sociosanitarios existentes e informarase sobre a prevención de enfermidades de transmisión sexual, riscos de embarazos non desexados e efectos do consumo de drogas.

Non se pretenden dar mensaxes prohibicionistas, senón informativas destinadas a formar unha xuventude responsable e consecuente cos seus actos, sinalou Belén Torrón, unha das monitoras.

Os establecementos hostaleiros colocarán material gráfico como carteis e posavasos que servirán de apoio a esta campaña preventiva.

Descargar todas as imaxes