Escoitar

As obras de humanización da Alameda acometeranse en catro fases

As obras de humanización das rúas do entorno á Alameda , que comezaron o pasado 21 de febreiro, estanse acometendo nestes momentos co levantamento do pavimento de beirarrúas e calzada das rúas Castelar e Pablo Morillo.

venres, 4 mar 2005
As obras que teñen como obxecto a creación de zonas peonís e semi peonís desenvolveranse en catro fases cunha duración aproximada de seis meses. A medida que avancen as obras o Concello garantirá en todo momento a accesibilidade e mobilidade , tantos dos peóns como dos vehículos da zona na que se actúa.

A primeira fase de actuación é desde o mes de marzo ata finais de maio e intervirase nas rúas García Olloqui, Luis Taboada, Castelar, Pablo Morillo e Concepción Areal.

A segunda fase das obras iniciarase o mes de maio e se alongará ata o mes de xullo nas rúas Carral e Victoria.

A terceira fase irá de xuño a agosto na rúas praza de Compostela norte, Reconquista, Marques de Valadares e Velázquez Moreno.

A carta fase acometerase de xullo a agosto e comprende a remodelación das rúas Carral, Marques de Valadares , Darío Álvarez Blázquez e Colón.

A medida que avancen os traballos produciranse modificacións de tráfico das que o Concello dará información detallada. Ao mesmo tempo, a policía conta cun dispositivo especial de tráfico que atende aos usuarios da vía.

Transporte urbano

As reformas das rúas tamén producirán modificacións das liñas de transporte público e das paradas que estarán indicadas tanto nos autobuses urbanos como nos paneis informativos.

As liñas afectadas polas obras son as seguintes:

C1, C2, C9b, 10, C15b e 28

Modificacións no percorrido das liñas que veñen hacia o centro:

C1: sube por Canovas del Castillo, Carral, Marqués de Valladares, Reconquista e P. Sanz. Novas paradas en Canovas del Castillo, 22 e Marqués de Valladares, 2. Anúlanse as paradas de Reconquista e García Olloqui

C2: Dende Rosalía de Castro por Pontevedra, Arenal, Colón y P. Sanz. Novas paradas en Arenal e Policarpo Sanz e anúlanse as paradas de Marqués de Valladares, 29 e Policarpo Sanz, 3.

10, C15b, 28: dende Canovas del Castillo hacia Colón por Carral e Marqués de Valladares. Novas paradas en Canovas del Castillo, 22 e Marqués de Valladares 2 e 16 e anúlanse as paradas de García Olloqui e Praza de Compostela, 16.

Liñas que van hacia Beiramar:

Afecta ás liñas C9b, 10, C15b e 28: dende praza de Compostela hacia Canovas del Castillo por Victoria e Carral.

Aparcamento para residentes

Con motivo do inicio das obras no entorno da Alameda restrinxiuse o aparcamento na zona. Para evitar problemas aos residentes, o Concello habilitoulles un total de 92 prazas de aparcamento en zona ORA en ambos marxes do tramo da praza de Compostela, situado entre as rúas Victoria e Concepción Arenal.

Os aparcamentos manteranse de forma provisional mentres o desenvolvemento das obras o permita. As prazas poderán ser ocupadas por residentes da zona que dispoñan de tarxeta de residente correspondente á zona 1 da ORA. Se non dispoñen desta tarxeta deberán solicitala ao Concello. Os residentes dispoñen de 60 tarxetas.