Escoitar

O Campionato do Mundo de Boat GP disputarase na dársena de Bouzas

A proba terá lugar os días 13, 14 e 15 de agosto e contará cunha importante representación internacional.

venres, 4 mar 2005
1109946731boat.jpg
A concelleira Lucía Molares, o organizador do evento, José Luis del Palacio, e mailo promotor, Eduardo Fernández Davila presentaron no IFEVI o Campionato Boat GP Gran Premio Concello de Vigo Trofeo Xunta de Galicia, que se disputará este verán entre o 13 e o 15 de agosto na dársena de Bouzas. A elección do escenario da proba era unha das cuestións que quedaban por resolver e finalmente optouse por este amplo e recollido espazo do porto de Vigo.

A proba contará cunha participación duns 30 pilotos que representarán a 15 países entre os que se contan Italia, Noruega, Qatar ou Rusia. Para facilitar a visión total do circuito por parte do público, a organización ten previsto colocar unhas gradas nos peiraos.
Descargar todas as imaxes