Escoitar

Marta Iglesias, traballará ao fronte do área de Participación Cidadá

A alcaldesa asinou o nomeamento da nova concelleira non electa que asumirá os departamentos de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social.

luns, 21 feb 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou, no área de Benestar Social, a solicitude de subvención solicitada á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais para o financiamento total ou parcial dos servizos sociais que prestan as corporacións locais. Son subvencionables os servizos de atención primaria que desenvolvan programas ou presten axudas que favorezan a participación, a integración e o benestar social de persoas ou grupos no entorno mais próximo ao ususario. A subvención ascende a un total de 3.192.317,98 euros.

A Xunta acordou aprobar a programación inicial das obras para o seu desenvolvemento polo programa municipal BIAL, para o seu inicio no primeiro trimestre coas brigadas da primeira quenda. O BIAL é un programa que ten como obxectivo a integración sociolaboral mediante a execución de obras e prestación de servizos na cidade de Vigo, tendo como base a impartición de formación en prevención de riscos, construcción de obra pública, cantería, xardinería, instalacións eléctricas, educación medioambiental, alfabetización informática e calquera formación complementaria que cada persoa considere necesaria para a súa inserción sociolaboral.

A expensas de ser ratificado polo Pleno, a Xunta aprobou a solicitude de subvención pola que se convocan axudas para o financiamento do mantemento e execución de programas destinados á prestación se servizos sociais polas Corporacións Locais. O importe destinado é de 421.301,24 euros desglosado do seguinte xeito: 114.490,25 destinados a gastos de persoal do departamento da Muller; 167.777,43 para a Casa de Acollida de Mulleres e o piso tutelado; 80.939,10 euros para o servizo de atención domiciliaria da Infancia/SADICanguros; 44.074,22 euros destinados ao Plan Municipal contra a violencia de xénero; e 12.020,24 destinado á Bolsa de axuda económica para a saída das mulleres da Casa de Acollida.

Concelleira non electa

O voceiro do goberno, José Manuel Figueroa , informou do nomeamento asinado pola alcaldesa da nova concelleira non electa, Marta Iglesias Bueno, á que lle corresponden por delegación as atribucións en materia de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social.Figueroa salientou o coñecemento da Casa por parte da nova concelleira "o que lle permitirá traballar de maneira eficaz dende o primeiro día", mafifestou o voceiro.